STS-134

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-134
Lanzamento da misión STS-134
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento16 de maio de 2011, 12:56 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión15,74 días[6]
Obxectivo da misiónConstrución e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso13 de marzo de 2011[6]
Sitio de regresoCabo Cañaveral
NSSDC ID2011-020A

STS-134 foi a última misión do transbordador espacial Endeavour, lanzada o 16 de maio de 2011 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

STS-134, con seis astronautas a bordo, foi unha misión de aprovisionamento da Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Mark Kelly, o piloto Gregory H. Johnson e os especialistas de misión Michael Fincke, Greg Chamitoff, Andrew Feustel e Roberto Vittori.[3][5][6][7]

O Endeavour, na súa viaxe final, levou o Espectrómetro Magnético Alfa (Alpha Magnetic Spectrometer, AMS) á estación para o estudo da antimateria, así como subministracións e equipamento diverso, incluíndo antenas para comunicación en banda S, un tanque de gas de alta presión e partes de reposto para Dextre. Durante a misión se levaron a cabo catro paseos espaciais.[3][5][6][7]

O Endeavour volveu por última vez a terra en Cabo Cañaveral o 1 de xuño de 2011 ás 6:35 UTC.[3][5][6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 134" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 26 July 2011 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (11-85737(E)). 20 de setembro de 2011: 2. Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 134" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-134 / ULF-6" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-134" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 7,2 NASA (9 de xuño de 2011). "STS-134" (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]