S. Yizhar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
S. Yizhar

S. Yizhar ou Yizhar Smilansky (19162006) é un escritor israelí, o grande innovador da literatura moderna hebrea. O seu nome literario deullo o poeta e editor Yitzhak Lamdan, cando en 1938 editou a primeira historia de Yizhar, O regreso de Ephraim a Alfalfa no seu xornal literario.

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia de escritores, o tío do seu pai era Moshé Smilansky, famoso escritor. O seu pai, Zev Zass Smilensky, foi tamén un coñecido escritor.
Yizhar completou os seus estudos en Xerusalén e foi mestre en Yavniel, Ben Shemen, Hulda e Rehovot, antes de ensinar na Universidade Hebrea de Xerusalén ata a súa xubilación. Militante do Mapai, foi membro da Knesset

Escrita[editar | editar a fonte]

Entre 1930 e 1950 Yikhar publicou novelas cortas e algúns libros de relatos. A fins dos anos 50 apareceu a súa novela Os días de Ziklag en dous volumes e con máis de mil páxinas, a obra renovou a prosa literaria hebrea.