Roy Scheider

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Roy Scheider, 2007

Roy Richard Scheider, nado en Orange (Nova Jersey) o 10 de novembro de 1932 e finado o 10 de febreiro de 2008, foi un actor estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no Franklin & Marshall College, en Lancaster, na Pensilvania. A súa carreira no cinema comezou en 1964, no filme The Curse of the Living Corpse. A seguir protagonizou Star! (1968), Paper Lion (1968), Stiletto (1969) e Puzzle of a Downfall Child (1970).

O seu papel máis coñecido foi seguramente como o xefe de policía Martin Brody en Tiburón, en 1975.

Casou con Cynthia Scheider de 1962 a 1989 e con ela tivo unha filla. Desde 1989 estaba casado con Brenda King.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Roy Scheider