Rosa tomentosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rosa tomentosa é un arbusto da familia das rosáceas.

No seu hábitat

Descrición[editar | editar a fonte]

É un arbusto que alcanza un tamaño de 1-3 m de altura. Ten os talos arqueados, verdes ou avermellados, delgados, algo curvos, de cando en cando rectos. As follas con cheiro a resina, e 5-7 folíolos de ovado-elípticos a ovado-lanceolados, agudos, redondeados na base, irregular e dobremente aserrados, algo tomentosos polo feixe, e moi tomentosos polo envés. As flores aparecen en inflorescencias corimbiformes, bracteadas. Corola de 35-40 mm de diámetro; pétalos dun rosa forte a rosado esbrancuxado. Úrnula globosa, ovoide ou urceolada, de cor vermella escura, con glándulas estipitadas por toda ela ou só na base, ás veces con acículas ou, mesmo, lisa. Ten un número de cromosomas de 2n = 35.[1]

Distribución[editar | editar a fonte]

Atópase en sebes e espinares, nos pisos montano e subalpino inferior, en chan profundo e ambiente húmido; é a especie máis tolerante a baixos niveis de carbonatos; 400-1900 m. Aparece en gran parte de Europa –até o paralelo 55º N e o W de Rusia e Ucraína–, o Cáucaso, Anatolia e o Líbano.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Rosa tomentosa foi descrita por James Edward Smith e publicado en Flora Britannica 2: 539–540. 1800.[2]

Etimoloxía

Rosa: nome xenérico que provén directamente e sen cambios do latín rosa que deriva á súa vez do grego antigo rhódon, co significado que coñecemos: «a rosa» ou «a flor da roseira»

tomentosa: epíteto latíno que significa "con tomento, peluda".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rosa tomentosa en Flora Vascular
  2. "Rosa tomentosa". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 10 de agosto de 2014.