Ronald Gamarra
Ronald Álex Gamarra Herrera, nado en Lima o 10 de decembro de 1958, é un avogado e político peruano, secretario Executivo da Coordinadora Nacional de Dereitos Humanos do seu país entre 2008 e 2010. Gamarra Herrera foi o representante legal das familias das vítimas de 'Barrios Altos' e 'La Cantuta' crimes polos que foi preso Alberto Fujimori, ex presidente do Perú.[1].
Índice |
Traxectoria [editar]
Estudou no colexio Roque Sáenz Peña de Lima. Comezou a súa carreira en dereito en 1975, cando entrou á Universidade Nacional Maior de San Marcos. Gamarra Herrera estudou na National Defense University de Washington e na Centro de Estudos de Xustiza de América (CEJA, polas súas siglas en castelán). En 2004 foi Procurador Adxunto Ad-hoc da República do Perú. Da súa oficina realizou unha serie de investigacións sobre violacións dos dereitos humanos e crimes de corrupción que se produciron durante a ditadura de Alberto Fujimori e Vladimiro Montesinos.[2] [3].
Notas [editar]
- ↑ La condena contra Alberto Fujimori reconforta al abogado Ronald Gamarra, elcomercio.pe.
- ↑ Peru state attorney seeks Fujimori murder charges, cnn.com.
- ↑ Rights lawyer confident Fujimori will get 30 years, thestandart.com.