Romualdo II de Benevento
Romualdo II o Novo (morto en 732[1]) foi o fillo de Xisulfo I e Winiperga. Sucedeuno como duque de Benevento á súa morte, que aparece datada diferentemente segundo as fontes 698, 706, ou 707. Segundo Paulo Diácono, Xisulfo reinou dezasete anos, cousa que implicaría que morreu no 698, pero Paulo tamén fai mención de accións que parece que acaeceron certamente sobre o 705. Dálle a Romualdo un reinado de 26 anos, o que sitúa a súa morte en 724, 731, ou 732.
Romualdo entrou en conflito tanto co Ducado de Spoleto como co Ducado de Nápoles durante o seu longo reinado. O conflito con este último levouno a un enfrontamento co papado tamén. Tomoulle o remoto castelo de Cumas a Xoán I de Nápoles en 716 e ignorou as peticións do papa Gregorio II e as súas ofertas de compensacións se o restituía. En 717, o papa apoiou a expedición de Xoán que venceu definitivamente o exército do seu gastaldo e desprazou aos seus homes de Cumas.
Romualdo casou dúas veces: primeiro con Guntberga (ou Gumperga), filla de Aurona, irmá do rei Liutprando e despois con Ranigunda, filla do Duque Gaidualdo de Brescia. Sucedeuno o fillo que tivo con Gumperga, Xisulfo II, pero era menor de idade e foi desprazado polo usurpador Adelais, aínda que se lle perdoou a vida.
Fontes [editar]
- Lexikon des Mittelalters: Romuald II. Herzog von Benevent (698-724).
- Paulo Diácono. Historia Langobardorum. Dispoñíbel en Northvegr.
Notas [editar]
| Ducado de Benevento | ||
|---|---|---|
Segue a: Xisulfo I de Benevento |
Romualdo II de Benevento | Precede a: Adelais de Benevento |
| - | ||