Roberto de Évreux

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Roberto o Danés»)
Infotaula de personaRoberto de Évreux

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Robert le Danois Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo X Editar o valor em Wikidata
Ducado de Normandía Editar o valor em Wikidata
Morte1037 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Archbishop of Rouen (en) Traducir
989 – 1037
← Hugues de Cavalcamp (pt) TraducirMaugério (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico , bispo católico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloCount of Evreux (en) Traducir (–1037) Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Normandía Editar o valor em Wikidata
CónxuxeHerleva (?)
FillosRaúl de Gacé, William d'Évreux (en) Traducir, Ricardo de Évreux, Q61807767 Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisRicardo I de Normandía Editar o valor em Wikidata  e Gunora de Crépon (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsEma da Normandia (pt) Traducir, Avoise da Normandia (pt) Traducir, Matilde da Normandia (pt) Traducir, Geoffrey, Count of Eu (en) Traducir, Ricardo II de Normandía, William, Count of Eu (en) Traducir e Mauger, Count of Corbeil (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Normandie-61

Roberto de Évreux, tamén coñecido como Roberto o Danés, finado en 1037, foi un nobre e prelado poderoso, parente e partidario de cinco duques de Normandía, que foi arcebispo de Rouen (989-1037) e, segundo algúns autores, o primeiro conde de Évreux.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Roberto era fillo de Ricardo I de Normandía, duque de Normandía, e da súa segunda esposa, Gunnora de Crepon.

Seu pai designo arcebispo de Rouen en 989 e, na mesma época, recibiría o condado de Évreux.[1] Roberto sabía que estaba destinado á carreira eclesiástica e, ao parecer, aceptou de boa gana o seu papel de arcebispo, tanto como o de conde. Sempre estivo involucrado na política normanda, e foi un importante aliado eclesiástico de seu pai, así como de seu irmán Ricardo II e, á morte deste convertese no decano da familia ducal.

Porén, o goberno do seu sobriño Ricardo III foi turbulento e breve (durou pouco máis dun ano). Seu irmán Roberto I substituíno e o prelado tivo grandes problemas para poñer freo ao novo duque. En 1028, o seu sobriño sitiouno e desterrouno, e despois foi a asediar a Hugo de Ivry, bispo de Bayeux que, xunto co arcebispo, cuestionara a autoridade do novo duque. Desde o seu exilio en Francia, o arcebispo Roberto excomungou ao seu sobriño e puxo a Normandía baixo interdicto.

Por fin ambos os dous entraron en negociacións, que facilitaron o levantamento do interdicto e máis da excomuñón, ao tempo que o duque Roberto restauraba ao arcebispo na súa sede, e no condado de Évreux, e lle devolvía todas as súas propiedades. Para demostrar mellor o seu cambio de actitude cara á Igrexa, o duque devolveu as propiedades que el e os seus vasalos confiscaran, e en 1034 devolveu á Igrexa incluso as propiedades tomadas á abadía de Fécamp.

En 1033, o duque Roberto levou a cabo unha campaña contra o seu curmán Alan III da Bretaña. Houbo varias incursións dun lado e doutro, pero finalmente o arcebispo Roberto, que era tío de ambos os dous, negociou unha paz entre eles.

Nos seus últimos anos o duque arrepentiuse dos seus erros pasados, axudou xenerosamente aos pobres e emprendeu a reconstrución da catedral de Rouen. En 1035 decidira facer peregrinación a Xerusalén. Despois de nomear herdeiro ao seu fillo ilexítimo –o futuro Guillerme o Conquistador- e poñelo baixo a custodia e protección do arcebispo, emprendeu a súa viaxe para nunca máis regresar, supoñéndose que morreu en Nicea en xullo dese ano.

O arcebispo Roberto cumpriu a súa promesa e gobernou eficazmente o ducado como rexente de Guillerme, até que morreu no inverno de 1037, feito que case de inmediato deixou a Normandía na anarquía (1037-1047).

Descendencia[editar | editar a fonte]

Roberto, despois de converterse en conde, elixira como esposa a unha muller chamada Herleva, de ascendencia descoñecida,[2] que lle deu tres fillos:[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Orderico Vital (Ordericus Vitalis): Historia Ecclesiastica, Vol. II, Liber III, Cap. I, páx. 10.
  2. Helise de Nevers en Medieval Lands.
  3. Orderico Vital (Ordericus Vitalis): Historia Ecclesiastica, Vol. II, Liber V, páx. 365.