Roberto Francisco Chiari Remón
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de marzo de 1905 Cidade de Panamá |
Morte | 1 de marzo de 1981 (75 anos) Cidade de Panamá |
Cargos | |
Presidente de Panamá | |
Período | 20 de novembro de 1949 - 24 de novembro de 1949 |
Antecesor | Daniel Chanis Pinzón |
Sucesor | Arnulfo Arias Madrid |
Presidente de Panamá | |
Período | 1 de outubro de 1960 - 1 de outubro de 1964 |
Antecesor | Ernesto de la Guardia Navarro |
Sucesor | Marco Aurelio Robles Méndez |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Panamá |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Liberal |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | Rodolfo Chiari (en) |
Premios
| |
Roberto Francisco Chiari Remón, nado en Cidade de Panamá o 2 de marzo de 1905 e finado na mesma vila o 1 de marzo de 1981, foi un político Panameño, Presidente de Panamá durante dous períodos: en novembro de 1949 e desde o 1 de outubro de 1960 ata o 1 de outubro de 1964. Foi fillo do tamén presidente de Panamá Rodolfo Chiari.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou no Colexio La Salle e obtivo o título de bacharel e perito mercantil. Traballou na produción de azucre, pero foi o único dos seus irmáns que se interesou na política. En 1940 foi elixido deputado da Asemblea Nacional e durante o goberno de Ricardo Adolfo de la Guardia foi Ministro de Salubridade e Obras Públicas. O 20 de novembro de 1949, asumiu o cargo de presidente logo da renuncia de Daniel Chanis Pinzón, no entanto ocupou o cargo por catro días. Foi candidato á presidencia da república en 1952 contra o seu primo o Coronel José Antonio Remón Cantera, pero perdeu. Nese momento foi presidente da Cámara de Comercio e presidente do Partido Liberal por oito anos.
Participou novamente nas eleccións presidenciais de 1960 contra Ricardo Arias e Víctor Goytía, e puido vencer nelas. O 1º de outubro de 1960 asumiu a Presidencia Constitucional da República para un período de catro anos. A súa administración estivo enfocado na educación e a saúde. Non obstante o feito máis destacable no seu goberno é romper as relacións entre Panamá e os Estados Unidos, logo dos acontecementos do Día dos Mártires do 9 de xaneiro de 1964, onde estudantes Panameños entraron á Zona do Canal de Panamá para hastear unha bandeira panameña no Colexio de Balboa, pero foron reprimidos polos estadounidenses, que habían atacado a bandeira e causado 22 panameños mortos e outros feridos.
Ao terminar o seu cargo como presidente retirouse da vida pública e traballou nas súas compañías privadas. Foi presidente do Sindicato de Industrias desde 1967 ata 1969.
Presidente de Panamá | ||
---|---|---|
Segue a: Daniel Chanis Pinzón |
Roberto Francisco Chiari Remón | Precede a: Arnulfo Arias Madrid |
Partido Liberal |
Presidente de Panamá | ||
---|---|---|
Segue a: Ernesto de la Guardia Navarro |
Roberto Francisco Chiari Remón | Precede a: Marco Aurelio Robles Méndez |
Partido Liberal |