Rider técnico
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Un rider ou rider técnico é un documento no que se presentan as necesidades técnicas dun artista/banda para realizar adecuadamente o seu espectáculo, e que a empresa promotora do acto debe poñer a súa disposición.
O rider, unha vez nas mans do promotor, permítelle seleccionar unha empresa de backline que lle poida satisfacer esas demandas dentro dun orzamento limitado. É por iso que o rider debe, ao mesmo tempo, adaptarse a as características do evento e ser coherente (un rider non é unha carta dos reis[1]).
O rider, polo tanto, debe ser o máis preciso e organizado posible, incluíndo qué material leva o propio artista, marcas e material de preferencia, micrófonos, tipo de iluminación, planta de escenario, demandas de aloxamento e cátering, etc.[2]
Como é lóxico, o rider debe ser enviado antes de confirmar evento algún, e con suficiente antelación para que as partes implicadas teñan posibilidade de comparar alternativas.
Partes dun rider[editar | editar a fonte]
Xeralmente, o rider divídese en varias seccións, aínda que estas poden variar en función de cada artista e situación.
Portada[editar | editar a fonte]
Nome da banda, data e nomenclatura que identifique que o documento tratase dun rider técnico.
Sumario[editar | editar a fonte]
Índice das seccións que compoñen o rider e o seu número de páxina para facilitar a consulta.
Staff[editar | editar a fonte]
- Artistas/músicos.
- Membros del equipo técnico (técnicos de P.A. y monitores, manager, roadie, fotógrafo…).
Proba de son[editar | editar a fonte]
Especifícase o tempo necesario para a montaxe de backline e proba de son da banda.
Escenario[editar | editar a fonte]
Medidas do escenario, número e medidas de tarimas, cortina de fondo, proxector, alfombra da batería, etc.
Sistema de P.A/F.O.H.[editar | editar a fonte]
- Modelo e características do sistema de P.A./F.O.H. (configuración de altofalantes, nivel de SPL que se esixe…).
- Modelo e características da mesa de mesturas (analóxica ou dixital, número de canles…).
- Procesadores (Eq. Gráficos, compresores…).
- Localización do espazo dedicado ao técnico de P.A./F.O.H.
Sistema de monitores[editar | editar a fonte]
- Modelo e características do sistema de monitores (configuración e tipo de monitores, número de monitores…).
- Modelo e características de mesa de mesturas (analóxica ou dixital, número de canales…).
- Procesadores (Eq. Gráficos, compresores…).
- Localización do espazo dedicado ao técnico de monitores.
Backline[editar | editar a fonte]
Neste apartado especifícase o backline que trae la banda e o que debe proporcionar o promotor do evento.
O backline inclúe os instrumentos, amplificadores, micrófonos, monitores… e todo o material técnico que se vai empregar no escenario durante o evento.
Microfonía e patch[editar | editar a fonte]
Adoita presentarse en forma de táboa e componse de:
- Canle (Channel): número de canles necesarios na mesa e o seu orde.
- Entrada (Imput): fonte sonora asociada a canle correspondiente.
- Micrófono (Mic.): modelo de micrófono.
- Inserto (Insert): tipo de inserto aplicado a canal correspondente (compresión, porta de ruído…).
- Efectos (FX): tipo de efecto aplicado a canle correspondente (reverb, delay...).
- Soporte (Stand): tipo de soporte de micrófono (grande, pequeno, de xirafa, de pinza…).
Envíos a monitores[editar | editar a fonte]
Número de monitores asignados a cada membro e os niveis aproximados de envíos a monitores de cada un deles.
Planta de escenario[editar | editar a fonte]
Coñecida en inglés como Stage Plot, tratase dun plano do escenario no que se presenta de forma visual a colocación no escenario dos membros, o seu backline, orientación e número de monitores, tomas de corrente, paso de cables, etc.
Iluminación[editar | editar a fonte]
Características do sistema de iluminación (tipo e número de luces, orientación, lista de canles de DMX…).
Outras necesidades[editar | editar a fonte]
Preséntanse necesidades diversas, como aloxamento, características do camerino, pases de invitación, seguridade, catering, bebidas, estacionamento, transporte, etc.
Modificacións cronolóxicas do rider[editar | editar a fonte]
As negociacións dun evento poden durar meses, tempo durante o cal pode variar o modelo de rider. Por iso débese especificar a data de publicación do rider e as distintas modificacións cronolóxicas do mesmo, de modo que a empresa promotora poida asegurarse de que traballa coa versión actualizada do rider.
Información de contacto[editar | editar a fonte]
Inclúe información para contactar coa banda ou seu representante e co persoal técnico.
O Contra-rider[editar | editar a fonte]
En ocasións, a empresa promotora non pode satisfacer todas as peticións que o artista solicita no rider principal, pero dispón de alternativas. Neste caso, elabórase un Contra-Rider no que ó artista se lle presentan unhas alternativas de backline. Neste punto, o artista debe decidir si esas alternativas lle permiten levar adiante o seu espectáculo, ou si polo contrario debe cancelarse.
Un bo rider, polo tanto, debería ser negociable e ter certa flexibilidade.
Ao mesmo tempo, si o contra-rider é elaborado por unha empresa que coñece moi ben o espazo no que se vai a realizar o evento, pode aportar alternativas de backline máis adecuadas a ese espazo en particular.
Plataformas de creación de riders[3][editar | editar a fonte]
Aínda que o rider pode elaborarse con diversas plataformas como Photoshop, Illustrator, ou incluso a man, existen diversas aplicacións dedicadas a tal cometido como:
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "La importancia (y el peligro) del rider técnico". Hispasonic (en castelán). Consultado o 2017-11-14.
- ↑ "¿Qué es un rider? Rider técnico de músicos y artistas". Jacks on the Rocks: Alquiler (en castelán). 2016-12-04. Consultado o 2017-11-14.
- ↑ "Aplicaciones para hacer un buen rider técnico - Producciones El Sótano". Producciones El Sótano - Sonido e iluminación profesional (en castelán). 2016-05-23. Consultado o 2017-11-14.
- ↑ "Herramienta online para crear riders técnicos". Musicotec (en castelán). Consultado o 2017-11-14.
- ↑ "StagePlot Guru For iPad | Stage Plot Application". StagePlot Guru For iPad | Stage Plot Application. Consultado o 2017-11-14.
- ↑ "StagePlotPro". www.stageplot.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2017. Consultado o 2017-11-14.