Replicón (xenética)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un replicón é unha molécula ou rexión de ácido nucleico (ADN ou ARN) que se replica a partir dunha soa orixe de replicación.

Procariontes[editar | editar a fonte]

Na maioría dos cromosomas procariotas, o replicón é o cromosoma enteiro. Unha notable excepción encóntrase nas arqueas, nas que dúas especies de Sulfolobus conteñen tres replicóns. Tamén hai exemplos de especies bacterianas que teñen múltiples replicóns, como: Rhodobacter sphaeroides, Vibrio cholerae,[1] e Burkholderia multivorans. Estes cromosomas "secundarios" (ou terciarios) son a miúdo descritos como unha molécula que é unha mestura entre un verdadeiro cromosoma e un plásmido e son ás veces denominados "crómidos". Varias especies de Azospirillum posúen 7 replicóns, Azospirillum lipoferum, por exemplo, ten 1 cromosoma bacteriano, 5 crómidos, e 1 plásmido.[2] Os plásmidos e os bacteriófagos replícanse xeralmente como un só replicón, pero os plásmidos grandes de bacterias gramnegativas posúen varios replicóns.[3]

Eucariontes[editar | editar a fonte]

Nos cromosomas eucariotas hai múltiples replicóns por cromosoma. No caso do ADN mitocondrial a definición de replicón é algo confusa, xa que nelas se realiza unha replicación unidirecional con dúas orixes separadas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tagomori, K.; Iida, T.; Honda, T. (2002). "Comparison of genome structures of vibrios, bacteria possessing two chromosomes". Journal of Bacteriology 184 (16): 4351–4358. PMC 135242. PMID 12142404. doi:10.1128/JB.184.16.4351-4358.2002. 
  2. Wisniewski-Dyé, F.; Borziak, K.; Khalsa-Moyers, G.; Alexandre, G.; Sukharnikov, L. O.; Wuichet, K.; Hurst, G. B.; McDonald, W. H.; Robertson, J. S.; Barbe, V.; Calteau, A.; Rouy, Z.; Mangenot, S.; Prigent-Combaret, C.; Normand, P.; Boyer, M.; Siguier, P.; Dessaux, Y.; Elmerich, C.; Condemine, G.; Krishnen, G.; Kennedy, I.; Paterson, A. H.; González, V.; Mavingui, P.; Zhulin, I. B. (2011). Richardson, Paul M, ed. "Azospirillum Genomes Reveal Transition of Bacteria from Aquatic to Terrestrial Environments". PLoS Genetics 7 (12): e1002430. PMC 3245306. PMID 22216014. doi:10.1371/journal.pgen.1002430. 
  3. Thomas, Christopher M. (2000-05-01). Horizontal Gene Pool: Bacterial Plasmids and Gene Spread (1 ed.). CRC Press. ISBN 9057024624. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.