Regina Salcedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRegina Salcedo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de setembro de 1972 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Pamplona (España) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoetisa , ilustradora , novelista , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Facebook: martina.sarrigurenmacua Editar o valor em Wikidata


Regina Salcedo Irurzun, nada en Pamplona o 5 de setembro de 1972, é unha escritora, editora, guionista de videoxogos e dinamizadora de obradoiros de escritura navarra.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Escuela de Letras de Madrid, especializándose en poesía contemporánea baixo a titoría de José María Guelbenzu (1993-1995). Diplomouse en Maxisterio en Lingua Estranxeira pola Universidade Pública de Navarra en 1999.

Desde 2007 coordina obradoiros de escritura creativa e titorías literarias tanto presenciais como en liña. Empezou impartindo estes obradoiros nos centros culturais do Concello de Pamplona[1] (Civivox) e no Instituto Navarro de Mocidade, para continuar máis tarde de forma independente.

Tamén traballou como guionista xefe e axudante de dirección no desenvolvemento de aventuras gráficas e videoxogos educativos na empresa navarra Playing for Learning, colaborando con Ed. Macmillan para o videoxogo Pulitzer English (2011-2013). Traballou como ilustradora de libros de texto para o Departamento de Educación e Cultura do Goberno de Navarra e a Escola Oficial de Idiomas de Navarra (2001-2005).

Escribiu artigos, recensións e poemas para as revistas literarias Quimera, TK, La Bolsa de Pipas, Kokoro e Canibaal.[2][3]. Gañou diversos premios de poesía, relato e microrrelato.

En novembro de 2014 participou no II Encontro Poético Unicelular xunto aos escritores Lola Nieto, Hasier Larretxea, Izaskun Gracia e Isabel Cadenas Cañón, onde presentou o seu poemario Icebergs.[4] Tras este encontro pasou a formar parte do equipo do proxecto Unicelular, que dirixe a poeta Uxue Juárez. É fundadora e coordinadora de La Mesa Poética,[5] espazo de intercambio de libros de poesía en Pamplona.

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía
  • Protagonistas (Kokapeli, 2015)
  • Icebergs (Baile del sol, 2014)
  • Antología Voces Nuevas (IX Selección) (Torremozas, 1992)
  • Ultravioleta Poesía Ilustrada (Antología) (Fundación Caja Navarra, 2015)
  • Voz vértebra, antología de poesía fuura (Kokoro, 2017)
Microrrelato
  • Relatos en cadena (Antología) (Alfaguara, 2008)
Novela
  • Los libros de Ollumarh I-Esclavos de Taur-Krim (2016)
  • Los libros de Ollumarh II-La Resistencia (2017)

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio de Poesía pola Universidade de Navarra, 1991.
  • Premio Internacional de Poesía Voces Nuevas da Editorial Torremozas, 1992.
  • Premio de Relato Breve do Diario Deia, 1998.
  • Premio Internacional de Microrrelatos EuskoSare, 2008.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Taller de relato: el bicho-cuento. Definde.com". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2018. Consultado o 22 de febreiro de 2018. 
  2. Revista «Quimera» nº316
  3. "Revista «La Bolsa de Pipas» nº94". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2014. Consultado o 20 de decembro de 2014. 
  4. "Cinco autores, en el 2º Encuentro Poético Unicelular de Pamplona" Arquivado 20 de decembro de 2014 en Wayback Machine.. Diario de Noticias, 21 de novembro de 2014 (en castelán).
  5. "La Galla Ciencia: Inaxio Goldaracena.". Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2018. Consultado o 22 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]