Ramón Peinador
(Redirección desde «Ramón Peinador Vela»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Galicia, España |
Morte | 16 de outubro de 1928 Pontevedra, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Irmáns | Enrique Peinador Vela |
Gumersindo Ramón Peinador Vela, finado en Pontevedra o 16 de outubro de 1928[1], foi un empresario e xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Funcionario do Estado. Membro do Partido Republicano. Foi redactor de El Progreso de Pontevedra e fundador e director de El Diario de Pontevedra (1897). Coa axuda de seu irmán, Enrique Peinador Vela, obtivo a fonte de Troncoso, aínda que mantiveron un conflito co concello ata 1905, e comezaron a explotar as augas co nome de "Aguas de Mondariz. Establecimiento minero-medicinal de los Señores Hijos de Peinador".
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Foi pai de Isidora Peinador Estévez, que casou con Vicente Riestra Calderón.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Progreso, 18-10-1928, p. 2.