RTP Açores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «RTP Azores»)
RTP Açores
Tipoemisora de televisión
Data de fundación1975
SedePonta Delgada
PaísPortugal
Na rede
http://rtp.pt/acores
editar datos en Wikidata ]

RTP Açores (en galego RTP Azores) é unha canle de televisión pública rexional de Portugal. As súas emisións están destinadas aos habitantes da Rexión Autónoma dos Azores. A RTP Açores pertence ao ente de radiotelevisión pública, Rádio e Televisão de Portugal. O proxecto para a RTP Açores comezou o 25 de abril de 1974, e coa hipótese de canais de televisión rexionais en Portugal.

A illa de São Miguel foi escollida para recibir o centro emisor, instalándose os primeiros estudios nun edificio en São Gonçalo, nos arredores da cidade de Ponta Delgada, despois dalgunhas obras de adaptación.

O día 10 de agosto de 1975 comezaron as primeiras emisións de televisión nos Azores, cunha duración excepcional de 6 horas. Unha vez concluído o período das emisións experimentais, que durou dous meses, a televisión emitía cerca de 3 horas diarias. Abriu ás 15h30, coa intervención do Presidente da Junta Governativa dos Açores, o xeneral Altino Pinto de Magalhães, e rematou ás 21h30 co "Telejornal".

O 4 de xuño de 2012, RTP Açores concentrou a súa produción rexional entre as 17:00 e as 00:00. Ás 11:00 e ás 13:00, é retransmitida a canle de noticias RTP Informação.

Programas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]