RDSI

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rede Dixital de Servizos Integrados (RDSI ou ISDN acrónimo do inglés, Integrated services digital network) é unha rede que procede da evolución da rede telefónica conmutada existente, que ao ofrecer conexións dixitais de extremo a extremo permite a integración de multitude de servizos nun único acceso, independentemente da natureza da información a transmitir e do equipo de terminal que a xenere. Pode proporcionar velocidades de ata 128 Kbps, tres veces máis cos módems analóxicos estándar. Realmente este sistema foi un fracaso, debido ao seu elevado coste, as dificultades de instalación e un servizo deficiente por parte das compañías telefónicas.

Principios do RDSI[editar | editar a fonte]

  1. Soporte de aplicacións, tanto de voz como de datos, utilizando un conxunto de aplicacións estándar.
  2. Soporte para aplicacións conmutadas e non conmutadas. RDSI admite tanto conmutación de circuitos como conmutación de paquetes. Ademais, RDSI proporciona servizos non conmutados con liñas dedicadas a ese fin.
  3. Dependencia de conexións de 64 kbps. RDSI proporciona conexións de conmutación de circuitos e de conmutación de paquetes a 64 kbps. Este é o bloque de construción fundamental da RDSI.
  4. Intelixencia na rede. Esperase que a RDSI poida proporcionar servizos sofisticados por enriba da situación dunha chamada de circuito conmutado.
  5. Arquitectura de protocolo en capas. Os protocolos para acceso á RDSI presentan unha arquitectura de capas que se pode facer corresponder ca do modelo OSI.
  6. Variedade de configuracións. É posible máis dunha configuración física para implementar RDSI. Isto permite diferenzas en políticas nacionais, no estado da tecnoloxía, e nas necesidades e equipos existentes da base de clientes.