Río Dori

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa dos ríos de Afganistán que amosa o río Dori.

O Dori, tamén chamado Lora e Kadanai é un río de Afganistán e Paquistán. É un afluente do Arghandab Río e subafluente do Helmand Río e discorre por 320 quilómetros pola provincia de Kandahar en Afganistán e Baluchistán en Paquistán.

O Dori comeza ó norte da cidade de Quetta. É chamado Lora no seu nacemento en Paquistán. O nome cambia a Kadanai cando entra en Aganistán, e recibe o nome Dori a partir da vila de Spin Baldak.

En Afganistñan, Dori discorre cara ó oeste e atravesa o deserto areoso de Registan. Despois desvíase cara ó norte toma unha dirección cara ó norte e ó longo do deserto pasa ó leste e nordeste Takht-e Pol, bordeando o val de Kandahar. Pouco despois, únese ó río Arghastan e despois ó río Tarnak, ámbolos dous na beira esquerda, a uns 30 km ó sur da cidade de Kandahar.