Río Cinsa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Cinsa
PaísGalicia Galicia
NacementoBaamorto-Seoane (Monforte de Lemos)
Lonxitude7 Km
Caudal medio? m³/s
DesembocaduraRío Cabe

O río Cinsa é un río galego, afluente pola dereita do Cabe, pertencente á conca do Sil-Miño.

Descrición[editar | editar a fonte]

Fontes[editar | editar a fonte]

Nace da confluencia do rego de Barrantes e do río da Veiga, no límite entre as parroquias de Baamorto e Seoane, no concello de Monforte de Lemos.

Percorrido[editar | editar a fonte]

O seu curso adopta unha dirección N-S coa que drena a parroquia da Vide e a de Distriz, na que desemboca antes do límite co concello de Pantón, logo dun percorrido duns 7 km.



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.