Río Arkansas
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| ' | |
![]() |
|
| País | Estados Unidos |
| Rexión | n/d |
| Nacemento | Montañas Rochosas |
| Altitude | n/d |
| Lonxitude | 2.334 Km |
| Caudal medio | |
| Conca | |
| Desembocadura | Río Mississippi |
O río Arkansas é un afluente do Río Mississippi, que flúe leste-sueste e atravesa os estados de Colorado, Kansas, Oklahoma e Arkansas. Cos seus 2334 km é o cuarto río máis longo dos Estados Unidos. Nace nas Montañas Rochosas de Colorado, no condado de Lake, preto de Leadville, uníndose co Mississippi en Napoleon, Arkansas, é o afluente máis importante do sistema Mississippi-Missouri, drenando 505.000 km².
