Ráfide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ráfide (do grego rhaphides, agulla), é a designación dada en bioloxía a cristais aciculares (isto é, en forma de agulla) que se forman por deposición de oxalato de calcio ou de carbonato de calcio no protoplasma de células especializadas, designadas por idioblastos, existentes nos tecidos dalgunhas plantas. A presenza dos ráfides é unha defensa contra herbívoros, xa que os cristais inflixen microlesións nas mucosas ou na pel dos animais que esmaguen ou inxiran a planta, potenciando, en conxunto cas substancias irritantes nela contidas, unha reacción en xeral acompañada por un edema.

Unha planta en cuxas follas hai numerosos idioblastos con ráfides de oxalato de calcio é a Dieffenbachia seguine, moi usada como planta ornamental de interior. O efecto irritante das súas follas é debido ás microlesións causadas polos cristais contidos nas células dispersas no seu parénquima.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]