Provincia de Buriram
| Buri Ram | |
| Capital | Buri Ram |
| Rexión | Rexión Nordeste |
| Poboación | 1.493.359 habitantes |
| Censo | abril de 2000 |
| Área | 10.322,9 km² |
| Densidade | 144,66 hab/km² |
| Poboación estimada | 1.545.779 habitantes (xullo de 2002) |
| Localización da provincia | |
![]() |
|
Buri Ram (en tailandés: บุรีรัมย์; en khmer: Borei Rom) é unha provincia da Tailandia, na rexión de Isan. A súa capital é a cidade de Buri Ram.
Índice |
Xeografía[editar]
Buriram está situado no extremo sur da Meseta de Khorat, que conta con varios volcáns extinguidos na súa xeografía. O clima é tropical monzónico, con temperaturas estivais arredor dos 37 °C e invernais nocturnas arredor do 8 °C. Limita, no sentido das agullas do reloxo, comezando polo oeste, coas provincias de Sa Kaeo, Nakhon Ratchasima, Khon Kaen, Maha Sarakham e Surin. Ao sur atópase con Camboxa, coa provincia Oddar Mean Chey.
Historia[editar]
Hai case uns mil anos, a actual zona de Buri Ram estaba baixo control do Imperio Khmer, conservándose moitas ruínas da época. O maior número delas atópanse na zona do Parque histórico de Phanom Rung. Case non se teñen noticias desta zona de antes da fundación de Bangkok. A principios do século XIX, a cidade que orixinalmente se chamada Pae Muang, pasou a denominarse Buri Ram. Despois da reforma administrativa de finais do século XIX, Buri Ram incorporouse a Tailandia como unha provincia.
Símbolos[editar]
O emblema provincial representa o castelo de arenita do parque Phanom Rung, un santuario hindú na honra de Shivá. O monumento usouse desde o século IX até o século XII, cando o Imperio Khmer caeu baixo o Reino de Ayutthaya.
A flor símbolo da provincia é a Cochlospermum regium, e a árbore provincial é a Cassia grandis. O lema provincial é: "A cidade de santuarios de pedra arenita, terra de volcáns, fermosa seda e rica cultura".
Distritos[editar]
A provincia está subdividida en 21 distritos (amphoes) e 2 subdistritos (king amphoes). Os distritos e subdistritos están á súa vez divididos en 189 comunas (tambons), e estas, en 2212 poboados (moobans).
| Amphoe | King Amphoe | |
|---|---|---|
