Buriram

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Buri Ram (en tailandés: บุรีรัมย์ - "Cidade da Felicidade") é unha poboación (thesaban mueang) de Tailandia, capital da Provincia Buriram, uns 410 km ao nordeste de Bangkok. Atópase no tambon Nai Mueang, do propio distrito de Buriram. No 2005 contaba cunha poboación de 28.333 habitantes.

A cidade atópase na liña nordeste de rede de ferrocarril tailandés, como tamén posúe un aeroporto, mais a súa economía é principalmente agrícola, cunha incipiente industria turística como no resto do estado. Os cultivos principais son o arroz e a mandioca.

Pola zona poden escoitarse as linguas tailandés, lao e khmer.

Historia[editar | editar a fonte]

Hai uns mil anos, a área estaba baixo dominio do Imperio Khmer, como atestemuñan moitas ruínas visibles actualmente. A máis importante atópase sobre un extinto volcán protexida no Parque histórico Phanom Rung, onde existe unha inscrición onde o gobernador da zona recoñecía obediencia ao rei khmer.

Até a creación de Bangkok, que foi a principios do século XIX, pouco se sabe desta zona. A cidade foi coñecida orixinalmente como Muang Pae, que se renomeou como 'Buriram' no século XIX, para logo acabar baixo goberno tailandés.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]