Project Management Body of Knowledge
O Project Management Body of Knowledge, tamén coñecido como PMBOK®[1] é un conxunto de prácticas en xestión de proxectos definidas polo Project Management Institute (PMI) e constitúen a base da metodoloxía de xestión de proxectos do PMI. Estas prácticas compílanse na forma dunha guía, chamada Guía do Conxunto de Coñecementos de Xestión de Proxectos, ou Guía PMBOK.
Índice |
Guía PMBOK [editar]
A Guía PMBOK é unha guía que identifica o subconxunto do conxunto de coñecementos en xestión de proxectos, amplamente recoñecido como boa práctica na maioría dos proxectos e utilizado como base polo Project Management Institute (PMI). Unha boa práctica non significa que o coñecemento e as prácticas deban aplicarse uniformemente a todos os proxectos sen considerar se é apropiado.
A Guía PMBOK tamén fornece e promove un vocabulario común para discutir, escribir e aplicar a xestión de proxectos, posibilitando o intercambio eficiente de informacións entre os profesionais de xestión de proxectos.
Conxunto de coñecementos en xestión de proxectos [editar]
O coñecemento de xestión de proxectos descrito no Guía PMBOK consiste en:
- Definición do ciclo de vida do proxecto
- Cinco grupos de procesos de xestión de proxectos
- Iniciación
- Planificación
- Execución
- Control
- Peche
- Nove áreas de coñecemento que son respectivamente:
- Xerencia de integración de proxectos
- Xerencia de ámbito de proxectos
- Xerencia de tempo de proxectos
- Xerencia de custo de proxectos
- Xerencia de cualidade de proxectos
- Xerencia de recursos humanos de proxectos
- Xerencia de comunicacións de proxectos
- Xerencia de riscos de proxectos
- Xerencia de adquisicións de proxectos
Notas [editar]
- ↑ O acrónimo PMBOK® é unha marca rexistrada do Project Management Institute, ver (http://www.pmisp.org.br/exe/educacao/pmbok.asp).
Ligazóns externas [editar]
- PMI's website
- Cómo usar el PMBok (en español)
- PMI® Sao Paulo
- Capítulo 01 - Introdución.pdf Tradución libre do PMBOK, V 1,0, dispoñíbel a través da Internet polo PMI MG en maio de 2000
Notas [editar]
- A Guide to the Project Management Body of Knowledge (PMBOK® Guide) (Third Edition ed.). Project Management Institute. ISBN 1-930699-45-X.