Principio de Pareto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O chamado principio de Pareto (tamén coñecido como a regra do 80-20 , afirma que, para moitos fenómenos, o 80% de consecuencias teñen a orixe no 20% das causas. Esta idea ten aplicación, como regra de cálculo, en moitas situacións, mais tamén é moi a miúdo mal usada e mal entendida.

O principio foi suxerido por polo pensador de xestión Joseph M. Juran. O nome veu do economista italiano Vilfredo Pareto, quen observou que un 80% das propiedades en Italia eran posuidas por só un 20% dos italianos. Este principio é a miúdo aplicado a datos tales como as cifras de vendas: "o 20% de clientes son responsabeis do 80% do volume de vendas."

É importante destacar que moitos malentenden (pola coincidencia de que 80+20=100): podería ser que o 80% das consecuencias proveñen do 10% das causas. Moita xente rexeitaría esa regra "80-10", mais sería igualmente válida desde un punto de vista matemático.

Algúns manteñen que o principio é recursiva, e pódese aplicar ao 20% das causas restantes, diso viría unha regra "64-4", unha "51,8-0,8" etc.

Un claro mal uso é este exemplo: "o 20% de individuos nunha organización realizan o 80% do traballo."

O principio en si é unha derivación da distribución de Pareto.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]