Primeiro Ministro de Bahrain

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Primeiro Ministro do Reino de Bahrain

TratamentoPríncipe
Designado porRei de Bahrain
Creación19 de xaneiro de 1970
Primeiro titularKhalifa bin Salman Al Khalifa

En Bahrain, o Primeiro Ministro é o xefe de goberno do país. Segundo a Constitución de Bahrain, o Primeiro Ministro é nomeado directamente polo Rei, e non necesita ser un membro electo do Consello de Representantes (a cámara baixa do Parlamento de Bahrain).

Bahrain só tivo dous Primeiros Ministros dende a independencia do país, Khalifa bin Salman Al Khalifa, tío do actual Rei Hamad bin Isa Al Khalifa, que ocupou o cargo durante medio século, e Salman bin Hamad Al Khalifa, fillo do actual Rei.

Primeiros Ministros de Bahrein (1971–presente)[editar | editar a fonte]

Nome Foto Período Tempo no cargo
1 Khalifa bin Salman Al Khalifa
خليفة بن سلمان آل خليفة
(1935–2020)
19 de xaneiro de 1970 11 de novembro de 2020 50 anos e 297 días
2 Salman bin Hamad Al Khalifa
سلمان بن حمد آل خليفة
(1969–)
11 de novembro de 2020 presente 3 anos e 172 días