Premio Comunicar en Igualdade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Premio Comunicar en Igualdade é un recoñecemento que a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia realiza aos traballos xornalísticos que defendan e difundan a igualdade entre as mulleres e os homes e a loita contra a violencia de xénero. Comezaron a entregarse no ano 2019.[1] Ten dúas modalidades: a profesionais do xornalismo e a alumnado universitario e ten dotación económica.

Premios[editar | editar a fonte]

2019[editar | editar a fonte]

A profesionais do xornalismo[editar | editar a fonte]

Susana Rois Parga por As mulleres na opinión: un elefante rosa no medio das redaccións.

Sara Vila Alonso por O noso toque de queda.

Montserrat Dopico González por Sesé Mateo: a palabra que resiste a morte.

A alumnado universitario[editar | editar a fonte]

Uxía Castro Martínez por Eles gobernan, elas aman. Os mitos do amor romántico.

Lucía Parrilla del Río por Un relato de mulleres nas minas do Bierzo.

Silvia López López por Nun sistema tan opresivo para a muller, ser monxa era unha opción cómoda.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Resolución do DOG nº 215 do 2019/11/12 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2019-11-13.