Praia do Raso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Praia do Raso
Praia do Raso, Ares.
Coordenadas: 43°25′31″N 8°13′10″O / 43.425327, -8.219334
Características xerais
LocalizaciónAres
Lonxitude600 m
Largo medio40 m
Grao de ocupaciónmedia
Grao de urbanizaciónmedia
Características específicas
Tipo de areafina
Condicións do bañosi
Zona de fondeoAdmítese
Accesibilidade
Tipo de accesopeonil

A praia do Raso é un areal situado na enseada de Ares, ría de Ares. É continuación polo leste da praia de Seselle. É unha praia de augas tranquilas e pouco profundas. Principalmente visitada por familias. Hai un camping chamado O Raso con acceso directo ao areal. A praia está pechada contra vivendas unifamiliares e como accesos hai pequenos e estreitos camiños. Toda a liña de costa é propiedade privada.