Power chord

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un power chord (do inglés "acorde forte") é un acorde constituído por dúas notas: a tónica e a quinta xusta, ás que se lles pode engadir a oitava. O seu uso máis frecuente dase na guitarra eléctrica con distorsión. Na guitarra, os Power Chords interprétanse con dúas ou tres cordas (normalmente as graves), usando a forma ("postura") dos acordes pechados. Ao non teren terceira non son considerados acordes na harmonía tradicional, pois non teñen efeito de movimento harmónico, mais esa é precisamente a razón do seu uso na música rock: teñen un son forte, pesado e percusivo que da lugar a riffs moi potentes. O nome (en inglés, normalmente traducido como Acordes de Potencia), fai referencia a ese efeito.