Portal:Música rock/Artigo destacado/xullo 2023

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A banda en 2009 en San Francisco.

Butthole Surfers é unha banda estadounidense de rock alternativo fundada polo vocalista Gibby Haynes e os guitarristas Paul Leary e Jonathan Grisham en San Antonio, Texas no ano 1981. O grupo tivo varios cambios na súa composición, pero o seu núcleo, formado por Haynes, Leary e o batería King Coffey, leva xunta dende 1983. Teresa Taylor foi segunda batería entre 1983 e 1985, 1986 e 1989, e no ano 2009. Pola banda pasaron varios baixistas, destacando entre eles Bill Jolly e Jeff Pinkus.