Portal:Hungría/Artigo destacado/Arquivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aquí están todos os artigos destacados no portal Hungría:

1[editar a fonte]

A República Soviética Húngara foi un efémero réxime de ditadura do proletariado en Hungría, instaurado pola unión do Partido Socialdemócrata e o Partido Comunista na primavera de 1919, ante a grave crise interna no país. Iniciouse o 21 de marzo de 1919 e terminou o 1 de agosto do mesmo ano. Incapaz de alcanzar un acordo coa Entente que mantiña o seu bloqueo económico, acosada polos países veciños por disputas territoriais e embarcada nun profundo cambio social interno, a república fracasou nos seus obxectivos e quedou abolida a comezos de agosto.

A presentación da nota Vyx tivo como consecuencia a caída do Goberno de Károlyi, para entón sen apoio significativo, e a proclamación da república soviética ao día seguinte, o 21 de marzo de 1919. A súa principal figura foi o comunista Béla Kun, malia que a maioría do novo Goberno era socialista. Aparentemente democrático, o novo sistema concentraba en realidade o poder no novo Consello de Goberno, que o exerceu de xeito autoritario en nome, presuntamente, da clase traballadora.

O novo réxime non conseguiu chegar a un acordo coa Entente que supuxese o levantamento do bloqueo económico, a mellora do trazado das novas fronteiras ou o recoñecemento do novo Goberno polas potencias vencedoras da guerra mundial. Reorganizouse o Exército e tratouse de recuperar os territorios perdidos a mans dos países veciños. Pola súa banda, os países veciños utilizaron a loita contra o comunismo, primeiro contra o Goberno de Károlyi e máis tarde contra a república soviética, como xustificación das súas ambicións expansionistas.

Os dirixentes húngaros aplicaron medidas doutrinarias tanto en política exterior coma interior que lles fixeron perder o favor da maioría da poboación. Ao fracaso da reforma interna uniuse o da política exterior: o illamento político e económico da Entente, o fracaso militar ante os países veciños e a imposibilidade de unir forzas coas unidades soviéticas rusas provocaron o afundimento da república soviética. Ao Goberno social-comunista sucedeulle un exclusivamente socialista o 1 de agosto. En grave crise xa en xullo, disolveuse en agosto, e os seus dirixentes fuxiron ao estranxeiro mentres o poder volveu a mans da aristocracia feudal e nacionalista.


2[editar a fonte]

Portal:Hungría/Artigo destacado/2

3[editar a fonte]

Portal:Hungría/Artigo destacado/3

4[editar a fonte]

Portal:Hungría/Artigo destacado/4

5[editar a fonte]

Portal:Hungría/Artigo destacado/5

6[editar a fonte]

Portal:Hungría/Artigo destacado/6

7[editar a fonte]

Portal:Hungría/Artigo destacado/7

8[editar a fonte]

Portal:Hungría/Artigo destacado/8

9[editar a fonte]

Portal:Hungría/Artigo destacado/9

10[editar a fonte]

Portal:Hungría/Artigo destacado/10