Portal:Baloncesto/Cabezallo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O baloncesto (do inglés basketball; de basket, 'canastra', e ball, 'pelota'), é un deporte de equipo, xogado entre dous equipos de cinco xogadores cada un durante catro períodos de 10 minutos (FIBA ou 12 minutos NBA. O obxectivo do equipo é anotar puntos introducindo o balón pola canastra, un ano a 3,05 metros sobre a superficie da pista de xogo e do que pendura unha rede. A puntuación por cada canastra é de dous ou tres puntos dependendo da posición dende a que se efectúa o tiro, ou dun punto, se se trata dun tiro libre por unha falta dun xogador contrario. O equipo gañador é o que obtén o maior número de puntos. O contacto co balón realízase coas mans. Os xogadores non poden desprazarse suxeitando o balón, senón que o deben botar no chan.

Foi inventado por James Naismith, un profesor canadense de educación física, en decembro de 1891 na YMCA de Springfield, Massachusetts (Estados Unidos). Tamén existe unha modalidade, fundamentalmente para discapacitados, na que se xoga en cadeira de rodas (baloncesto en cadeira de rodas), practicamente coas mesmas normas que o baloncesto habitual.