Pomatómidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anchova

Os Pomatómidos (Pomatomidae) son unha familia de peixes mariños da suborde Percoideos (Percoidei). Distribúense polos océanos Atlántico, Pacífico e Índico.

A especie máis importante -para algúns a única da familia- é a anchova (Pomatomus saltatrix), que non debe confundirse coa anchoa ou bocarte (Engraulis encrasicholus).

Características[editar | editar a fonte]

Presentan un corpo largo, fusiforme e algo comprimido lateralmente, cuberto de escamas ben aparentes. A cabeza é grande, e a boca grande e terminal.

Posúen dúas aletas dorsais: a primeira curta e formada por 7-8 espiñas; a segunda longa e cunha espiña máis 13-28 radios brandos. Unha única aleta anal, homóloga á segunda dorsal, formada por 2-3 espiñas e 12-27 radios brandos. As pectorais, curtas e espatuladas; as ventrais pequenas e a caudal escotada.

Son peixes peláxicos que viven a profundidades medias e que ocasionalmente poden achegarse á costa, de hábitos carnívoros, que atacan outros peixes.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Algúns autores inclúenos na familia Carangidae.

Admítense tres xéneros:

  • Pomatomus
  • Scombrops
  • Sphyraenops

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pomatómidos
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pomatómidos