Polibotes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Poseidón loitando contra Polibotes (kílix ático, c. 475-470 a. C., procedente de Vulci, Etruria)

Polibotes foi un dos Xigantes que, instigados pola deusa Xea, se levantaron contra Zeus e o resto dos deuses olímpicos no transcurso dunha guerra coñecida como Xigantomaquia.

Mantivo un combate singular co deus Poseidón. Segundo Estrabón (X, 5, 16), Poseidón perseguiuno ata a illa de Cos, da que arrincou unha enorme rocha co seu tridente, e lanzouna sobre el, formando así o illote de Nísiros, baixo o cal está enterrado o xigante.

"Polibotes, a través do mar, acosado por Posidón, chegou á illa de Cos, pero Posidón esgazou unha parte da illa de Nisiros e botouna sobre el".
(Pseudo-Apolodoro I, 6, 2)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]