Polbo cabezudo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Polbo cabezudo
Vista ventral

O polbo cabezudo ou polbo do limpo (Eledone cirrhosa, Lamarck 1798; antes Eledone aldrovandi) é un molusco cefalópodo mariño, pertencente á familia Octopodidae, da prde Octopoda.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

As principais diferenzas respecto ó polbo común son un menor tamaño (vén medindo 35-40 cm) e unha cor que tira a branca amarelada, pero sobre todo polo tamaño proporcionalmente da súa cabeza, característica á que debe o seu nome. Os tentáculos son proporcionalmente máis longos e delgados, coas puntas afiadas e reviradas (de onde lle vén o nome de cirrosa).

A cor da parte ventral é branca. Nos tentáculos presenta unha única fila de ventosas mentres que o polbo común ten unha dobre fila de ventosas.

Interese pesqueiro e comercial[editar | editar a fonte]

É abundante na plataforma pesqueira galega e está presente nos mercados (e adoito nas conservas de polbo). Péscase con artes de arrastre, sendo máis frecuente no inverno.

Consómese coas mesmas preparacións que o polbo común, aínda que resulta menos apreciado que este.

O polbo cabezudo en Galicia[editar | editar a fonte]

Outros nomes que recibe en Galicia son, simplemente, cabesón ou cabezudo.

Téñase presente que co nome común de cabezudo tamén se designan certa quenlla (Peixe anxo, Squatina squatina) ou un tipo de muxo (Mugil cephalus)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • DIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN PESQUEIRA: Guía do consumidor de peixe fresco. Xunta de Galicia 1999.
  • RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985.
  • RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 (1977) de Verba.