Pobreza absoluta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A pobreza absoluta é un nivel de pobreza no cal certos estándares mínimos de vida, tales como nutrición, saúde e vivenda, non poden ser acadados.

A xente nestas condición gaña menos dun dólar diario por persoa (parámetro establecido polo Banco Mundial). O termo pobreza absoluta pode ser un pouco enganoso, xa que non existe un estándar único que a defina: o nivel de ingreso necesario para acadar este mínimo é chamado comunmente como liña ou limiar de pobreza, que se define de varias formas por diversas institucións e persoas.

A pobreza absoluta pode ser contrastada coa pobreza relativa, ingreso baixo ou estándar de vida relativa ao resto da sociedade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]