Pobo nukak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo nukak
Muller nukak cun neno.
Poboación
Poboación total:
744 (censo de 2018)[1]
Rexións principais:
Colombia744
Aspectos culturais
LinguaLingua nukak e castelán
RelixiónAnimismo
Grupos
relacionados
Hupda

Os nukak (tamén coñecidos como nukak-makú) son un pobo indíxena de Colombia que habita entre os ríos Guaviare e Inírida, nas profundidades da selva tropical húmida. O seu territorio atópase no bordo da bacía do río Amazonas, no departamento de Guaviare. Son cazadores-recolectores nómades con patróns estacionais que ademais practican unha horticultura cambiante en pequena escala. Foron un "pobo non contactado" até o ano 1981,[2] e dende entón perderon a metade da súa poboación, principalmente por mor das enfermidades.[3] Parte do seu territorio foi ocupado e utilizado por cocaleiros, rancheiros e outros colonos, así como polas guerrillas, o exército e os paramilitares. A resposta perante esta crise inclúe protestas, solicitudes de asimilación e o suicidio do líder Maw-be'.[3] Arredor de 210–250 viven no asentamento provisional de San José del Guaviare, mentres que outros tantos viven de xeito nómade na Reserva Nukak (Resguardo).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. DANE (ed.). "Población indígena de Colombia. Resultados del Censo Nacional de Población y Vivienda 2018" (PDF) (en castelán). Consultado o 16 de abril de 2021. 
  2. Hammer, Joshua (marzo de 2013). Smithsonian Magazine, ed. "The Lost Tribes of the Amazon". Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2013. Consultado o 31 de marzo de 2013. 
  3. 3,0 3,1 "Se suicida un líder indígena, desesperado por la inminente extinción de su pueblo en Colombia," El Mundo, outubro de 2006.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]