Pjetër Frroku

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPjetër Frroku
Biografía
Nacemento1967 Editar o valor em Wikidata (56/57 anos)
Shkodër, Albania Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlbania Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor Editar o valor em Wikidata

Pjetër Frroku, nado en Shkodra en 1967, é un escultor albanés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dunha familia mirditana,[1] Pjetër Frroku seguiu os desexos de seu pai e estudou economía e a carreira militar, ocupándose nesta profesión durante varios anos.

Mais as súas inquietudes estaban focalizadas nas artes plásticas, a pintura e a escultura e mantívose ideando un proxecto imaxinario na súa cabeza.

En 1997 múdase a Grecia.

Desde os primeiros anos de traballo, Pjetër Frroku é chamado "Tigre de Pedra", un alcume que determina a enerxía do artista no seu traballo e as súas ideas, levadas a cabo en tempo récord.

Obras[editar | editar a fonte]

O primeiro traballo de Pjetër foi un retrato de Alexandre Magno, realizada en pedra de tamaño 60 x 50 cm, que foi encargado polo dono dun hotel co mesmo nome, en Creta.

Outras obras do artista son:

  • Retrato de mirditana (pintura).
  • "Rinchar dos cabalos" (Hingëllima e kuajve en albanés): traballo en pedra situado na entrada da agrupación "Varuka" , na cidade de Rethimno, Creta.
  • "León" (Luani en albanés): traballo en pedra, símbolo da cidade de Heraclión, situado no contorno dunha empresa desta cidade de Creta.
  • Obras no Hotel Eva Bay, en Rethimno, Creta.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A república de Mirdita foi unha efémera república non recoñecida que se estableceu no ano 1921. Para ampliar información podes ler Republic of Mirdita na wikipedia en inglés

Véxase tamén[editar | editar a fonte]