Pier Gerlofs Donia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ilustración dun libro de 1622 cunha imaxe ficticia de Gutte Pier

Pier Gerlofs Donia, nado contra 1480 en Kimswert e finado en 1520 en Snits, foi un guerreiro, rebelde e pirata frisón que se converteu nun heroe popular, máis coñecido polo alcume "Grutte Pier" (o "Gran Pedro" na antiga ortografía do frisón) polo seu gran tamaño.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pier Gerlofs era fillo de Fokel Sybrants Bonga e Gerlof Piers, o pai era de orixe labrega mentres a nai procedía da nobreza.[1]Pier era descendente de Haring Harinxma (1323–1404) e primo terceiro de Jancko Douwama. O 29 de xaneiro de 1515 mercenarios saxóns ao servizo de Xurxo de Saxonia saquearon Kimswert, violaron e asasinaron á súa dona e queimaron a igrexa local e as propiedades de Donia[2] e este comezou a chamar á loita contra os ocupantes, armando un grupo de rebeldes coñecidos como A esperanza negra que contaron co apoio de Carlos de Egmond, duque de Gelre e que consistían principalmente de campesiños pobres, nobres empobrecidos e delincuentes que actuaron como piratas principalmente contra buques holandeses e ingleses, sobre todo no Zuiderzee. Na maior batalla, que se produciu en 1515, capturaron 28 navíos holandeses.

"A bravura de Grote Pier", 1516, obra de Johannes Hinderikus Egenberger

O 24 de xuño 1517, Grutte Pier e o seu grupo, consistente en 4000 homes procedente de Frisia e Gueldria, saíron de Frisi, aportaron preto de Wervershoof e avanzaron ata Medemblik, capturárona, matando a moitos dos seus habitantes e facendo a moitos outros prisioneiros, sen conseguir conquistar o Castelo de Medemblik, defendido por Joost van Buren, prendéronlle lume a cidade, o que tamén fixeron en Alkmaar. Conquistaron tamén a cidade de Asperen, utilizándoa como base.[3] En resposta a eses ataques e o fracaso do Capitán Xeneral de Amstelland, Waterland e Gooiland en defender os seus territorios o Stadhouder de Holanda organizou unha frota de guerra en xullo de 1517, comandada por Anthonius van den Houte e aínda que comezou con éxito, queimando algúns navíos frisóns preto de Bunschoten, Grutte Pier respostou tomando 11 dos seus navíos nunha batalla preto de Hoorn en 1518.[4], e pouco despois desa vitoria Pier derrotou a 300 holandeses en Hindeloopen[5], segundo a lenda fixo repetir os prisioneiros un shibboleth para distinguir os frisóns dos infiltrados holandeses e baixoalemáns

Bûter, brea en griene tsiis, wa't dat net sizze kin is gjin oprjochte Fries (Manteiga, pan e queixo verde: se non o podes dicir, non es un verdadeiro frisón).[6]

Malia os seus éxitos, non puido impedir que Frisia seguise baixo o control dos burgundios e desilusionado retirouse en 1519 deixando a xefatura dos seus homes a Wierd Jelckama [7] e morreu pacificamente na súa casa de Snits[8] o 18 de outubro de 1520.[9].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. J.J. Kalma. Grote Pier Van Kimswerd (1970), p. 51. ISBN 90-70010-13-5.
  2. Kalma, J.J. (1970). Grote Pier Van Kimswerd. Netherlands: (ed.) de Tille. pp. 67. ISBN 90-7001-013-5. 
  3. Beekman, Martinus. Beschreiving van de Stad en Baronnie Asperen. Vertoonende haare oudheid, gebouwen, hooge, en verdere regeering, ens. Utrecht, Mattheus Visch, 1745.
  4. Sicking, Louis (2004), History of Warfare, Volume 23: Neptune and the Netherlands State, Economy, and War at Sea in the Renaissance, ISBN 90-04-13850-1, Page 294
  5. Geldersche Volks-Almanak Published 1853
  6. Kellman, Steven G. (2003), Switching Languages: Translingual Writers Reflect on Their Craft, University of Nebraska Press, ISBN 0-8032-2747-7, Page 10
  7. Kok, Jacobus (1791). "Pier Gerlofs Donia". Vaderlandsch Woordenboek. 24 (P–R).
  8. Fries Scheepvaart Museum, Object number 1992-257
  9. Kalma, J.J. (1970). Grote Pier Van Kimswerd. Netherlands: (ed.) de Tille. pp. 50. ISBN 90-7001-013-5.