Peyton Manning

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peyton Manning
No. 18
Posición:Quarterback
Información persoal
Nacemento:24 de marzo de 1976 (48 anos)
Lugar:Luisiana Nova Orleáns, Luisiana
Altura:6 ft 5 in (1,96 m)
Peso:230 lb (104 kg)
Información da carreira
Instituto:New Orleans (LA) Newman
Universidade:Tennessee
NFL Draft:1998 / Rolda: 1 / Pick: 1
Historial de equipos
Premios e galardóns
  • Super Bowl (XLI, 50)
  • 3× MVP da Super Bowl (XLI)
  • 5× MVP da NFL (2003, 2004, 2008, 2009, 2013)
  • 14× Pro Bowl (1999, 2000, 2002–2010, 2012–2014)
  • 7× Primeiro equipo All-Pro (2003–2005, 2008, 2009, 2012, 2013)
  • 3× Segundo equipo All-Pro (1999, 2000, 2006)
  • 2× Xogador ofensivo do ano (2004, 2013)
  • Equipo ideal da década de 2000 da NFL
  • #18 Retirado por Indianapolis Colts
Estatísticas NFL
Tentativas de pase:9.380
Pases completados:6.125
Porcentaxe:65,3
TD–Intercepción:539–251
Iardas de pase:71.940
Eficiencia de pase:96,5
Estatísticas en NFL.com

Peyton Williams Manning, nado o 24 de marzo de 1976 en Nova Orleáns, Luisiana, é un ex xogador profesional de fútbol americano estadounidense que xogou durante dezaoito temporadas na National Football League (NFL) na posición de querterback. Considerado un dos mellores quarterbacks de todos os tempos,[1] xogou durante catorce temporadas nos Indianapolis Colts e durante as súas últimas catro nos Denver Broncos. A nivel universitario xogou para o equipo da Universidade de Tennessee, liderando os "Volunteers" cara ao título da SEC en 1997. É o segundo fillo do ex- quarteback da NFL Archie Manning e irmán máis vello do quarterback dos New York Giants Eli Manning.

Manning foi seleccionado no primeiro posto do Draft da NFL de 1998 polos Colts. Na súa etapa en Indianápolis conseguiu converter a franquía nun dos principais contendentes aos títulos e levou o equipo a oito títulos de división, dous campionatos de conferencia e unha Super Bowl, a primeira dos Colts en trinta anos. Despois de ser sometido a unha intervención cirúrxica no pescozo, que o levou a perder a temporada 2011, Manning mudou de equipo e asinou cos Denver Broncos, equipo ao que axudou a gañar o títuo de divisón e cada un dos seus catro anos na franquía, e finalizou a súa carreira coa vitoria na Super Bowl 50.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Reevy, Matt (08-09-2015). "NFL: 5 Greatest Passing Quarterbacks of All Time" (en inglés). Sports CheatSheet. Arquivado dende o orixinal o 30-04-2016. Consultado o 28-08-2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]