Periscopio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Principio de funcionamento de un periscopio.

O periscopio (etim. do grego peri- e -scopio, περισκοπεῖν, "mirar arredor") é un aparello que serve para ver arredor, en particular de xeito elevado á liña de visión dende a situación dos ollos. Usa espellos ou prismas para a redirección dos raios luminosos.

Na súa forma sinxela é un tubo cun xogo de espellos nos extremos, paralelos e nun ángulo de 45º respecto da liña que os une. Pódese usar para ver sobre a cabeza da xente nunha multitude. Esta forma de periscopio, coa adición de simples lentes, foi usado para propósitos de observación en trincheiras durante a Primeira Guerra Mundial.

Os periscopios máis complexos usan prismas no canto de espellos, e dispón de aumentos, como os usados nos submarinos.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Periscopio