Pazo de Ibáñez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pazo de Ibáñez
Edificio
Coordenadas43°32′11″N 7°02′22″O / 43.536388888889, -7.0394444444444Coordenadas: 43°32′11″N 7°02′22″O / 43.536388888889, -7.0394444444444
Uso(s)Casa consistorial
editar datos en Wikidata ]

O Pazo de Ibáñez é un pazo de estilo neoclásico situado en Ribadeo, que serve de casa consistorial.

Características[editar | editar a fonte]

Tamén coñecido como pazo do Marqués de Sargadelos, porque foi Antonio Raimundo Ibáñez quen o mandou construír a finais do século XVIII sobre unha antiga edificación do 1568.

Dispón de planta rectangular e dobre altura máis bufarda. Está fabricado en perpiaños de granito e con cuberta de lousa a catro augas, cun soportal de catro pilastras na fachada principal e sobre el unha gran balconada de estilo isabelino, fundida nos antigos fornos de Sargadelos, con catro balcóns de frontóns triangulares.

No muro esquerdo ten unha lápida alusiva ao fundador de Sargadelos. No seu interior alberga tamén outra lápida do marqués de Sargadelos e varios lenzos de Pérez Couto, Prieto Cousent e Pérez Martínez.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]