Pavle Bulatovic

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pavle Bulatovic, nado en Kolašin o 13 de decembro de 1948 e finado o 7 de febreiro de 2000, foi un político montenegrino. Foi Ministro de Exteriores e a partir de 1994 Ministro de Defensa da República Federal de Iugoslavia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era un veterano militante do Partido Socialista do Pobo, con grande implantación en Montenegro, un dos principais apoios políticos de Slobodan Milošević. Bulatovic era unha das persoas máis próximas ao presidente Iugoslavo e unha das figuras fortes do goberno. Foi asasinado o 7 de febreiro do ano 2000 froito dun atentado terrorista no suburbio Banjica da capital de Serbia, Belgrado, nun restaurante do que o ministro era cliente habitual. Dende o principio sospeitouse que este atentado tiña relación co asasinato menos dun mes antes de Željko Ražnatović “Arkan”, tamén na cidade serbia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]