Paul J. Hopper
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paul J. Hopper é un lingüista británico que traballa sobre diversos aspectos da indoeuropeística e da relación entre a gramática e o discurso.
Índice |
Traxectoria [editar]
En 1973, propuxo a teoría glotálica que busca a reconstrución do sistema consonántico protoindoeuropeo, en paralelo co lingüista xeorxiano Tamaz Gamkrelidze e o ruso Vyacheslav V. Ivanov. Posteriormente tamén se fixo coñecido pola súa teoría da gramática emerxente (Hopper 1987), polas súas contribucións á teoría da gramaticalización e outras obras que tratan da relación entre gramática e uso.
Traballa na Carnegie Mellon University en Pittsburgh, Estados Unidos.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- "Glottalized and murmured occlusives in Indo-European". Glotta 7: 141-166. 1973.
- "Emergent grammar". Berkeley Linguistics Society 13: 139-157. 1973. (Dispoñíbel en archive.org - [1]).
- Hopper, Paul; Elizabeth Closs Traugott (1993). Grammaticalization. Cambridge. ISBN.