Paso a nivel
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Denomínase paso a nivel á intersección dunha vía de tránsito estradeiro non diferenciada en altimetría cunha vía de ferrocarril, o cal esixe que deba estar debidamente sinalizado para que non se produzan accidentes.
Índice |
Protección ou supresión do paso a nivel [editar]
Nos pasos a nivel que presenten un AxT elevado (produto do número de circulación de automóbiles e o número de trens que cruzan o paso a nivel). Poderase protexer cun sistema automático con ou sen barreira. Se o AxT é moi elevado, o paso a nivel tipicamente será suprimido.
Sistemas automáticos de protección do paso a nivel [editar]
- SBA: Semi Barreiras Automáticas
- SBE: Semi Barreiras Enclavadas
- SLA: Sinalización Luminosa e Acústica
Sinalización dun paso a nivel [editar]
Advertencia dun cruce de vías
Na estrada [editar]
Advirte do perigo que entraña o paso a nivel.
Na vía [editar]
Consiste en indicar ao maquinista que ha de avisar a presenza do tren.