Partido do Pobo Corso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Partido do Pobo Corso
Partitu u Populu Corsu
Partido político de Córsega
Historia
Fundación1973
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo corso
Autonomismo
Marxismo

O Partido do Pobo Corso (en corso: Partitu u Populu Corsu) foi un partido político nacionalista corso, autonomista e marxista fundado en 1973. Tiña uns 200 militantes.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi fundado por Dominique Alfonsi en 1973, a partir da Fronte Rexionalista Corsa (FRC), de tendencia marxista e que reclamaba para a Córsega un estatuto de autonomía dentro de Francia. O 17 de xaneiro de 1973 lanzou a chamada "Chjama di Castellare", xunto cos dirixentes de Acción Rexionalista Corsa (ARC). A principios de 1982 absorveu dous grupúsculos: o Partido Communista Corso (PCC) e a Fronte di u Populu Corsu (FPC). Nas eleccións á Asemblea de Córsega de 1982 obtivo o 2'12% dos votos e un escano. O partido desapareceu a mediados dos anos 80.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Robert Ramsay (1983): The Corsican Time-Bomb. Manchester University Press, Manchester, páxina 74.