Parque eólico do Vilán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

Parque eólico preto de Cabo Vilán, en Camariñas.
Parque eólico preto de Cabo Vilán, en Camariñas.

O parque eólico do Vilán foi o primeiro parque eólico de Galicia, inaugurado en 1991.[1][2]. Está situado no concello de Camariñas, e é propiedade da empresa Naturgy.

Nos seus comezos constaba de 22 xeradores Vestas de 100 kW ou 200 kW cada un, ós que se engadiron en 1992 20 xeradores MADE de 180 kW. En 2016 foron substituídos os antigos aeroxeradores por dous novos, cunha potencia total de 5,46 MW. Os actuais son aeroxeradores Vestas V-90, de 3 MW de potencia unitaria, cunha altura de buxe de 80 m e un diámetro de rotor de 90 metros. Estímase unha xeración de máis de 20 GWh anuais, consumo eléctrico equivalente a 6700 fogares.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Menos es más en los parques eólicos". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-02-17. Consultado o 2019-02-17. 
  2. 2,0 2,1 España, Ámbito y tema:; Renovables (2016-09-14). "Repotenciación de Cabo Vilano". Sala de prensa - Naturgy (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-02-17.