Papercutz (grupo musical)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papercutz
OrixePorto, Portugal
Período2005 - actualidade
Xénero(s)Pop Electrónica
Selo(s) discográfico(s)Audiobulb Records
Apegenine recordings
MembrosBruno Miguel
Na rede
Sitio oficial

Os Papercutz son unha banda portuguesa de música electrónica formada en 2005 no Porto, Portugal. Bruno Miguel é o único membro oficial e por tanto o único responsábel pola súa dirección. Antes de comezar a gravación de cada álbum, Bruno recruta unha banda temporal [1]. Entre os colaboradores pasados inclúense as vocalistas principais Melissa Veras e Marisa Pinto e os multi-instrumentistas Bruno Ribeiro e Francisco Bernardo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Annie Nightingale, xurado do programa The People’s Music Awards en 2009, clasificounos como 'interesantes e producindo un son orixinal' [2][3]. No mesmo ano, o álbum de estrea Lylac foi lanzado pola editora canadense independente Apegenine recordings e o single Ultravioleta rmx's incluíu remixes de Riz Maslen(Neotropic) e a estrea de The Sight Below antes deste asinar contrato coa Ghostly International [4]. O álbum foi ben recibido pola prensa e comunidade musical, e tivo proxección en publicacións de relevo como a Textura [5], a Cuemix-magazine [6], a Tokafi[7], a Cylic Defrost[8], a Subba-cultcha [9], a Organ Mag [10], a The Silent Ballet que lle chamou 'un comezo promisor que debería ser unha carreira brillante' [11] e a Record Collector que comparou o traballo de precisión de Bruno co dos Four Tet [12].

Entre 2009 e 2010, o grupo actuou en Europa e os Estados Unidos nos Festivais SXSW [13] e Exit [14] e asinaron contrato coa editora británica Audiobulb Records cun novo álbum de remixes. 'Do outro lado do espelho' (Lylac ambient reworks) destacouse en Drowned in Sound, o que permitiu a clasificación do álbum como 'notabelmente coherente e tocante' ao contrario dalgúns outros discos de remesturas [15], contando coa participación de artistas de música ambiente como Taylor Deupree, Keith Kenniff e Simon Scott entre outros.

Discografía[editar | editar a fonte]

Vídeos[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • 2009 - TPMA "Off the beaten track"
  • 2009 – Vodafone/MySpace Portugal The Ones to Watch
  • 2010 – International Songwriting Competition (Dance/Electronica)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.audiobulb.com/albums/AB029/AB029.htm
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2010. Consultado o 05 de decembro de 2010. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2010. Consultado o 05 de decembro de 2010. 
  4. http://reviews.headphonecommute.com/2008/09/06/papercutz-ultravioleta-rmxs-apegenine/
  5. http://www.textura.org/archives/p/papercutz_lylac.htm
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2012. Consultado o 05 de decembro de 2010. 
  7. http://www.tokafi.com/newsitems/cd-feature-papercutz-lylac/
  8. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2011. Consultado o 05 de decembro de 2010. 
  9. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2012. Consultado o 05 de decembro de 2010. 
  10. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 05 de decembro de 2010. 
  11. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2010. Consultado o 05 de decembro de 2010. 
  12. http://www.recordcollectormag.com/reviews/review-detail/6009
  13. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2012. Consultado o 09 de setembro de 2012. 
  14. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2012. Consultado o 05 de decembro de 2010. 
  15. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2015. Consultado o 05 de decembro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]