Pantalone

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maurice Sand caracterizado como Pantalone.

Pantalone é unha máscara veneciana e un personaxe da Commedia dell’arte.

Orixe[editar | editar a fonte]

Pantalone nace en Venecia a mediados do século XVI, representando o típico comerciante, vellouqueiro, avarento e luxurioso; a súa orixe[1] está no personaxe do Magnifico que recitaba co seu servo Zanni creando un contraste cómico moi exitoso, como no canto carnavalesco de Anton Francesco Grazzini De' Zanni e de' Magnifichi (1559).

A figura[editar | editar a fonte]

Giandomenico Tiepolo, máscara do carnaval de Venecia con Pantalone.

A figura e a tipoloxía do personaxe de Pantalone derivan directamente da do comerciante veneciano do século XVI, unha longa zamarra negra que cobre uns calzóns longos de cor vermella axustados ás pernas e cinxido ata os xeonllos como se poden ver representados en obras de numerosos pintores venecianos renacentistas como Vittore Carpaccio, Jacopo Bellini e seu fillo Giovanni, Veronese etc.

Un dos primeiros actores da Commedia dell'Arte en actuar caracterizado de comerciante veneciano foi o célebre Giulio Pasquati de Padova, integrado na máis famosa compañía cómica de principios do XVII, a Gelosi. En orixe Pantalone, como Arlequín, saía a escena só cos calzóns vermellos, baril e agraciado, a máscara negra co nariz curvo, unha barba cabrúa, e un cinto no que pendura unha bolsa con diñeiro e un pequeno puñal con dobre gume, clásica ferramenta de comerciantes e artesáns locais, denominado pistolese.

O carácter[editar | editar a fonte]

O carácter de Pantalone está enteiramente baseado nos cartos e o ego, un vello vicioso que persegue ás mulleres pero que sempre é rexeitado, fachendoso considérase de intelixencia brillante, pero que a cada paso convértese en albo de toda clase de bromas e enganos.[2] A pesar do seu carácter sinistro e o tratamento inhumano que lle dá aos que o rodean, Pantalone é unha parte fundamental da comedia, frecuentemente aparecendo xa desde o comezo[2], e converténdose nunha das máscaras máis lonxevas da Commedia dell'Arte. Superou a reforma da comedia que supuxo a obra de Carlo Goldoni, aínda que perdeu o aspecto máis cómico para se aproximar ao pai arisco e avaro como aparece en I rusteghi e Sior Todero brontolon, chegando ao drama burgués como un máis realista pai de familia que xa non se expresa en veneciano.

O pantalone Giulio Pasquati.

Pantaloni famosos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Katritzky, M.A. (2006) The Art of Commedia: A Study in the Commedia Dell'Arte 1560-1620 with Special Reference to the Visual Records Rodopi, p. 92
  2. 2,0 2,1 Allardyce Nicoll: The World of Harlequin, a Critical Study of the Commedia Dell'arte, p.44