Pampallín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pampallín ardendo.
Imaxe dun pampallín ardendo.

O pampallín é unha festa tradicional galega, celebrada historicamente no concello de Outes. Actualmente mantense pouco da tradición orixinal, e converteuse nun encontro xuvenil patrocinado polo consistorio.[1] É unha festa do ciclo da primavera relacionada co lume.

Orixe[editar | editar a fonte]

O nome vén dos fachos de palla que antigamente empregaban os labregos para ver na noite. Non se sabe moi ben cando se comeza a celebrar, algúns cren que pode ser unha herdanza dalgunha festividade pagá, mais a tradición mantívose até fai poucos anos. Co comezo da primavera os labregos máis novos recorrían á noite as agras dos lugares, cada un co seu pampallín recitando ditos populares para "invocar" a fertilidade e celebrar a chegada da nova estación.[2]

Segundo anciáns que viviron os últimos anos desta tradición en Outes, podíase ver na distancia os fachos das outras parroquias bailando e camiñando arredor das agras.

Cultura tradicional[editar | editar a fonte]

Existe moi pouca documentación sobre a festa. Da tradición oral recolleuse o seguinte dito popular:

Pampallín pampallán,
alumia o meu pan.
Cada espiga o seu ferrado,
cada gran o seu Bugallo.[3]

Notas[editar | editar a fonte]