PROCYON

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
PROCYON / Proximate Object Close flyby with Optical Navigation
TipoCientífico/tecnolóxico
OrganizaciónJAXA
Data de lanzamento3 de decembro de 2014[1][2][3][4]
Foguete portadorH-IIA[1][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Tanegashima[1][6]
Obxectivo da misiónSobrevoo dun asteroide, proba de motores iónicos.[1][6]
NSSDC ID2014-076D
Masa65,5 kg[1]
DimensiónsCaixa de 67 x 55 x 55 cm.[7]

PROCYON (acrónimo de PRoximate Object Close flYby with Optical Navigation) foi unha sonda espacial da axencia xaponesa JAXA lanzada o 3 de decembro de 2014 mediante un foguete H-IIA desde o Centro Espacial de Tanegashima.[1][6][5][7]

Características[editar | editar a fonte]

PROCYON foi lanzada como carga secundaria xunto á sonda Hayabusa 2 co obxectivo principal de probar unha serie de novas tecnoloxías que permitan usar pequenas sondas en misións interplanetarias e sobrevoar autonomamente o asteroide 2000 DP107. A sonda tiña forma de cubo de 67 x 55 x 55 cm e catro paneis solares de 47 x 47 cm. A propulsión corría a cargo dun motor iónico alimentado con xenón. O motor iónico fallou o 10 de marzo de 2015, impedindo o sobrevoo do asteroide.[1][6][5][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 NASA (14 de maio de 2020). "PROCYON" (en inglés). Consultado o 2 de xaneiro de 2021. 
  2. N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "PROCYON" (en inglés). Consultado o 2 de xaneiro de 2021. 
  3. Claude Lafleur (2020). "PROCYON" (en inglés). Consultado o 2 de xaneiro de 2021. 
  4. "Note verbale dated 25 July 2019 from the Permanent Mission of Japan to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (19-12085 (E)). 23 de decembro de 2019: 2. Consultado o 2 de xaneiro de 2021. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "PROCYON" (en inglés). Consultado o 2 de xaneiro de 2021. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2020). "PROCYON" (en inglés). Consultado o 2 de xaneiro de 2021. 
  7. 7,0 7,1 7,2 JAXA, ed. (2020). "PROCYON" (en inglés). Consultado o 2 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]