Otón
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marcus Salvius Otho, coñecido como Otón, nado o 25 de abril de 32 e finado o 16 de abril de 69, foi un emperador romano.
Traxectoria [editar]
Otón foi nomeado emperador despois de ser asasinado Servio Sulpicio Galba no ano 69. Fora gobernador da provincia da Lusitania e acompañara a Galba na súa rebelión en contra do despotismo de Nerón.
O seu nomeamento foi coincidente co mesmo nomeamento por parte das lexións do Rhin do seu comandante, Aulio Vitelio, quen marchou sobor de Roma e venceu a Otón, sendo recoñecido polo Senado como novo emperador.
| Imperio Romano | ||
|---|---|---|
Segue a: Galba |
Otón | Precede a: Vitelio |
| Ano dos catro emperadores | ||