Oryx e Crake

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Oryx e Crake
Título orixinalOryx and Crake
Autor/aMargaret Atwood
OrixeCanadá
LinguaInglés
ColecciónNova
Tema(s)Narrativa
Xénero(s)ciencia ficción, ficção distópica, ficción especulativa e ficção pós-apocalíptica
Editorial McClelland & Stewart
Galicia Rinoceronte[1]
Data de pub. 2003
Galicia 2018
Páxinas432
ISBNISBN 978-84-17388-00-3
Seguido porThe Year of the Flood
TraduciónEstela Villar Nogueira
editar datos en Wikidata ]

Oryx e Crake (en inglés: Oryx and Crake) é unha novela da escritora canadense Margaret Atwood. No canto de describila coma unha novela de ciencia ficción, a autora defínea como ficción especulativa e romance de aventuras.[2] É a primeira parte da triloxía MaddAddam, á que lle seguen The Year of the Flood (2009) e MaddAddam (2013).

O libro foi orixinalmente publicado pola editorial McClelland and Stewart en 2003, e en 2018 foi traducido ao galego por Estela Villar Nogueira e publicado pola editorial Rinoceronte.[3].

Argumento[editar | editar a fonte]

Jimmy, coñecido como "Home das Neves", loita pola súa vida nun mundo postapocalíptico dominado por animais xeneticamente modificados e onde parece que é o último ser humano supervivente a unha terrible praga. Alternando cos capítulos que acontecen neste mundo desacougante, preséntasenos a infancia, a adolescencia e o comezo da vida adulta de Jimmy, á vez que descubrimos os outros dous personaxes principais: Crake, o seu mellor amigo, e Oryx, a quen os dous amaban. O protagonista comeza unha viaxe que nos levará a descubrir os acontecementos que desencadearon a destrución da humanidade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. rinoceronte.gal (ed.). "Oryx e Crake". Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2019. Consultado o 27 de xaneiro de 2019. 
  2. Atwood, 2004: 513.
  3. culturagalega.gal (ed.). "Oryx e Crake". Consultado o 27 de xaneiro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Adami, Valentina. "Bioethics through Literature: Margaret Atwood's Cautionary Tales". WVR, 2011.
  • Atwood, Margaret. Oryx and Crake. McClelland and Stewart, 2003.
  • Atwood, Margaret. "The Handmaid's Tale and Oryx and Crake in Context". PMLA 119, 2004.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]